I CONCURSO DE DEBUXO DO PSDEG-PSOE CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
BASES DO CONCURSO:
I Concurso de Debuxo do
Psedg- Psoe Valdoviño
Oito de marzo. Día
Internacional da Muller Traballadora. “O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa
propia historia”.
A Agrupación Municipal Socialista, pon en marcha o: I Concurso de Debuxo do Psedg-
Psoe Valdoviño: “O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.
O Obxectivo é a concienciación e sensibilización de
todos e todas, en favor da defensa dos valores de igualdade, xusticia,
liberdade e solidariedade entre homes e mulleres, que son iguais, sen dúbida de
ningún xénero.
A través desta comunicación, queremos animar a todos os sectores da nosa
sociedade a participar nesta actividade. Estamos nun momento no que se fai
indispensable dispoñer dun modelo social que favoreza a igualdade, xusticia,
liberdade e solidariedade. A través destas actividades podémonos concienciar de
que é posible crear una sociedade máis xusta e igualitaria.
Esperando que, esta actividade sirva coma motivación
para todos e todas, e conseguir así o obxectivo do 8 de marzo, é decir, consolidar
os nosos dereitos para conseguir unha igualdade real,
animamos a todos e todas, a que participedes nesta actividade, e fagades extensiva
esta iniciativa de participación a todos e todas, que poidan estar interesados.
O CERTAME:BASES DO CONCURSO I Concurso de Debuxo do
Psedg- Psoe Valdoviño
Oito de marzo. Día
Internacional da Muller Traballadora. “O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa
propia historia”.
TEMA: Debemos tratar calquer
aspecto que conciencie da igualdade, xusticia, liberdade e solidariedade entre
homes e mulleres, cunha perspectiva histórica relacionada có noso pobo e etorno
más próximo, tanto familiar, local, social.
DIRIXIDO A: Todos os veciños e
veciñas do Concello de Valdoviño, sempre e cando estén empadroados,
particularmente ós alumnos e alumnas do CPI de Atios, alumnos e alumnas dos
CRA, Asociacións culturais, deportivas e de veciños, e en xeral, a todos os
sectores da sociedade de Valdoviño.
FORMATO: Os traballos
presentaránse en cartulina ou folio A4, sendo libre a elección da técnica e
ferramentas a utilizar. (Excluídas
as informáticas e a técnica collage).
NÚMERO: O número máximo de
obras por participante será de unha.
FORMA DE ENTREGA: No reverso
de cada obra se pegará un sobre pechado, no que se farán constar, todos os
datos do boletín de inscripción (documento adxunto 1), así coma a autorización
preceptiva dos menores de idade (documento adxunto 2).
LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: Os traballos
entregaranse no Local da Agrupación Socialista de Valdoviño, todos os venres de
16:00 a 20:00 horas, dende o 02 de marzo de 2012. A data límite para a
recepción dos traballos, será ata o 30 de marzo de 2012. Unha vez realizado o
fallo do xurado, os
traballos quedarán en poder da Agrupación Socialista, podendo retirase o 21 de
abril de 2012, de 16:00 a 20:00 horas, da sala de exposicións da Casa da
Cultura, pasada a data serán destruidos.
Os traballos
realizados polos alumnos e alumnas do CPI de Atios, serán entregados no propio
centro educativo, e posteriormente serán recollidos pola persoa designada polo
presidente do xurado para a súa valoración. Igual proceso se seguirá para os
traballos realizados polos alumnos e alumnas dos CRA, sendo o lugar de entrega
neste caso, os propios CRA.
Os traballos
realizados polo resto de participantes, poderán ser entregados tamén, nas sedes
das distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do noso Concello e
posteriormente serán recollidos pola persoa designada polo presidente do xurado
para a súa valoración.
PREMIOS: Estableceránse
catro categorías:
- De 3 a 7
- De 8 a 12
- De 14 a 18
- De 18 en adiante
En cada categoría se concederán un 1º premio. Os
premios consistirán nun lote de libros.
CRITERIOS DE VALORACIÓN: O xurado considerará os seguintes criterios: - Concienciación - Orixinalidade
- Creatividade – Calidade e expresividade.
COMPOSICIÓN DO XURADO: O xurado estará formado polas seguintes persoas:
- Representante da Agrupación Municipal Socialista.
- Directora do CPI de Atios.
- Traballadora Social do Concello de Valdoviño.
- Persoeiro representativo do mundo artístico.
- Licenciada en Psicoloxía.
A presidencia do xurado que corresponderá ó
Representante da Agrupación Municipal Socialista, e poderá resolver os aspectos
non previstos nestas bases.
O fallo do xurado será inapelable, é se producirá o
martes 10 de abril de 2012, e darase a coñecer por vía telefónica nos días
posteriores.
ADXUDICACIÓN DOS PREMIOS: A entrega de premios realizarase o día 14 de abril de 2012, na Sala de
Exposicións da Casa da Cultura, as 20:00 horas, onde estarán expostos todos os
debuxos participantes, ata o 21 de abril.
Para máis información póñanse en contacto con: Agrupación
Municipal Socialista: 605855446-608642246 ou no correo
psdg.psoe.valdovino@gmail.com
A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO IMPLICA A ACEPTACIÓN DESTAS BASES
(documento adxunto 1),
BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN. Estos datos non serán utilizados
para ningún fin alleo ó concurso.
Titulo da obra: ………………………………………………………………………………………………..
Nome do autor/a: ………………………………………..
Teléfono: ……………………………………….
Dirección:
Correo electrónico:
Idade:
Nivel educativo: ……………………………
Centro Educativo: ……………………………………………
Copie ou pegue debidamente o cumplimentado ó dorso de
cada obra que concurse.
(documento adxunto 2), AUTORIZACIÓN MENORES
DE IDADE
Don/Dona
, con DNI,
autorizo o meu fillo/a a participar no I Concurso de Debuxo do Psedg- Psoe Valdoviño,
Oito de marzo. Día Internacional da Muller Traballadora. “O rostro dunha
muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.
Data e Firma
PODEDES POÑEROS EN CONTACTO CON NÓS NOS SEGUIENTES ENLACES:
psdg.psoe.valdovino@gmail.com
mariadolorescastrogonzalez@gmail.com
cuquilago@hotmail.com