Neste pleno o grupo municipal socialista presentou
unha moción por vía de urxencia sobre a modificación e incorporación das
ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga e da rede de
sumidoiros. Esta moción foi presentada no Concello por rexistro o día 3 de
abril solicitando o preceptivo informe de intervención e o seu paso pola
Comisión correspondente, pero o Sr. Alcalde non a incorpora ao pleno deixando
patente a súa indiferencia cara a mellorar a repercusión económica sobre as
familias e as empresas do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun
consumo real.
Alberto
González Fernández, voceiro do PSdeG-PSOE do Concello de Valdoviño, ao amparo
do disposto Reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das
Entidades Locais, presenta ante este pleno, a seguinte MOCIÓN en base a seguinte
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
O pasado 3 de abril de 2012 o Grupo
Municipal socialista presentou no rexistro do Concello unha moción de
modificación e incorporación das ordenanzas reguladoras das taxas polo
suministro de auga a domicilio e da rede de sumudoiros, xunto cun escrito
solicitando o seu preceptivo informe pola intervención municipal e paso pola
Comisión correspondente.
A citada moción non foi presentada a
pleno de abril polo Sr.Alcalde nin se incorpora a este, comprobándose deste
xeito a total indiferencia que tén cara a mellorar a repercusión económica
sobre as familias do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun consumo
real, tal e coma sinalan as recomendacións europeas.
A esto é necesario engadir que en
ningún momento o Grupo de Goberno do PP deu explicación algunha sobre ás razóns
de por qué as obras executadas ao
amparo dos Plans Especiais de Inversión do Goberno do Estado, e en especial
sobre ás de infraestruturas de saneamento e abastecemento, xa pagadas, nunca
foran postas en servizo, coma reflicte a pregunta escrita realizada
polo PSdeG-PSOE no pleno anterior e que aínda non foi contestada.
Porén consiredamos que é necesario
tratar este tema de xeito urxente, dado o nulo interés do SR. Alcalde.
Coma xa sinalábamos na moción
presentada en abril o pasado mes de outubro o Sr. Alcalde do noso Concello
presentou, e logo retirou do pleno extraordinario previamente convocado ao
efecto os
PROXECTOS DE MODIFICACIÓN
DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLO SUMINISTRO DE AUGA A DOMICILIO E
DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA REDE DE
SUMIDOIROS.
Segundo a memoria presentada as novas
tarifas propostas deberían ter en conta os volúmes reais consumidos polos usuarios
e que a estrutura das tarifas inciten a fomentar un uso eficiente dos recursos
hídricos, tal e coma sinala a Directiva Marco da Auga, Directiva 2000/60/CE,
que promove a xestión e o uso sostible da auga, introduce
o principio de recuperación de custes, incluídos os ambientais, na xestión da
auga, propoñendo programas de medidas para conseguilo, incluíndo a utilización
dunha política de prezos que proporcione incentivos adecuados para garantir un
uso responsable, engade o principio de recuperación razoable de custes e obriga
a unha maior participación pública.
Asemade a proposta partía dunha
ordenanza fiscal, aprobada polo anterior executivo municipal, irreal e que
afecta directamente á economía diaria dos veciños e das empresas de Valdoviño.
A proposta do SR. Alcalde partía dunha
premisa, a noso modesto entender, errada, o escaso consumo pode partir dunha
segunda vivenda que non ten ocupación todo o ano polo que a media de consumo é
menor aos metros cúbicos mes aos que fae referencia, así coma a vivendas en
espazos de ocupación intensiva, onde, ata agora, atopamos mais usuarios, e que
incrementaba de forma sustancial o custe dos servizos.
Para o Grupo municipal socialista
ambas partían dunha situación non axustada ao modelo de asentamento das
parroquias onde están implantados estes servizos, nin tiñan en conta o estado
da rede de abastecemento e saneamento existente
Porén haberá que ter en conta
criterios coma;
▪
A rede que pode ser posta en servizo en pouco
tempo atendendo ás obras do Plan E e dos plans da Deputación, na que se
procederá a unha ampliación do número de usuarios en Meirás, Lago ou Aviño.
▪
A regularización de abonados.
▪
A redución de costes de depuración coa posta
en servizo da instalación eléctrica do Cameleiro.
▪
O modelo de asentamento poboacional, onde a
vivenda unifamiliar extensiva prima sobre a edificación colmatada, e donde o
número de segunda vivenda sigue sendo importante.
Este grupo valorou os factores arriba
sinalados, comparou facturacións reais, comprobou a situación dos concellos
veciños, e valorou a proposta da nova estrutura tarifaria có obxecto de
analizar e propoñer unha nova estrutura que si ben baseada na existencia dunha
cuota fixa de servizo ó mes mais unha cuota variable segundo o consumo real do
usuario, esta poda aproximarse a realidade do noso concello.
Asemade é necesario ter en conta que
os abonados comerciais e industriais teñen unhas necesidades, que si ben polo
xeral xeneran máis consumo, este é necesario para o desenvolvemento económico
do noso concello, polo que non poden ser castigados coas tarifas propostas en
outubro.
Por todo o anterior o Grupo municipal
socialista expón as seguintes propostas para a súa incorporación ás ordenanzas
reguladoras das taxas polo suministro de auga a domicilio e da rede de
sumudoiros.
1.
PROPOSTA
DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLO SUMINISTRO DE
AUGA A DOMICILIO
ABONADO
DOMÉSTICO
|
TARIFA/€
|
Cuota servizo / mes
|
3
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,05
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,24
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,33
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,65
|
ABONADO
COMERCIAL / INDUSTRIAL
|
|
Cuota servizo / mes
|
5
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,10
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,24
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,33
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,65
|
ABONADO
DE OBRAS
|
|
Cuota servizo / mes
|
12
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,50
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,70
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,90
|
Consumo > 60 / trimestre
|
1,20
|
Tarifa de conservación do contador:
0,20 € por mes.
Tarifa de conservación de acometida:
0,29 € por mes
2.
PROPOSTA
DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA REDE DE
SUMIDOIROS
I. Servizo de alcantarillado.
ABONADO
DOMÉSTICO
|
TARIFA/€
|
Cuota servizo / mes
|
2
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,04
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,08
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,16
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,32
|
ABONADO
COMERCIAL / INDUSTRIAL
|
|
Cuota servizo / mes
|
3
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,10
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,20
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,30
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,40
|
ABONADO
DE OBRAS
|
|
Cuota servizo / mes
|
5
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,20
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,40
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,50
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,60
|
Tarifa de conservación de acometida:
0,28 € por mes
II. Depuración de augas residuais
ABONADO
DOMÉSTICO
|
TARIFA/€
|
Cuota servizo / mes
|
2
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,02
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,10
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,18
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,35
|
ABONADO
COMERCIAL / INDUSTRIAL
|
|
Cuota servizo / mes
|
3
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,12
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,24
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,35
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,42
|
ABONADO
DE OBRAS
|
|
Cuota servizo / mes
|
5
|
Consumo ata 21 m / trimestre
|
0,24
|
Consumo >21 m e <40 / trimestre
|
0,48
|
Consumo de 40 a <60 / trimestre
|
0,58
|
Consumo > 60 / trimestre
|
0,68
|
Establécese unha cuota de bombeo 1,65
€ ó mes
3.
PROPOSTA
DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN
O Concello de Valdoviño comprométese a
desenvolver actividades de divulgación e concienciación sobre o consumo da auga
e a necesidade do uso racional dos recursos hídricos en coordinación coa
empresa que xestione o servizo municipal, orientada a todos os sectores da
sociedade.
Por todo o cal, na defensa dos
intereses dos veciños e veciñas do noso concello, o Grupo Municipal Socialista
presenta a seguinte moción, para
que se adopte o seguinte acordo:
·
Aprobar
as propostas 1 e 2 presentadas e tramitar o correspondiente expediente de
modificación das ordenanzas fiscais pertinentes.
·
Aprobar
a proposta divulgativa contida no punto número 3
En,
Valdoviño a 3 de abril de 2012
Asdo. Alberto González Fernández Voceiro do Grupo
Municipal Socialista
ILMO.
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE
VALDOVIÑO
ANEXO
Comparativa
en base a facturas reais con tres casos (IVE non incorporado) no núcleo de
Valdoviño :
1.
Vivenda
unifamiliar Valdoviño 4 persoas.
2.
Piso
en Valdoviño 3 persoas.
3.
Establecemento
comercial Valdoviño.
|
Actualidad/€
|
Proposta Alcalde/€
|
Proposta PSdeG/€
|
1.
4 personas (58m3)
|
|
|
|
AUGA
|
31,32
|
47,58
|
22,02
|
SUMIDOIROS
|
15,53
|
21,5
|
12,08
|
DEPURACIÓN
|
22,92
|
30,3
|
11,2
|
TOTAL
|
69,77
|
99,38
|
45,3
|
|
|
|
|
2.
3 personas (37m3)
|
|
|
|
AUGA
|
19.98
|
23.46
|
15,36
|
SUMIDOIROS
|
10,07
|
11,36
|
8,96
|
DEPURACIÓN
|
14,94
|
11,94
|
8,02
|
TOTAL
|
44,99
|
46,76
|
32,34
|
|
|
|
|
3.
Comercial (202m3)
|
|
|
|
AUGA
|
225,47
|
453,37
|
125,03
|
SUMIDOIROS
|
109,19
|
187,44
|
78,54
|
DEPURACIÓN
|
179,10
|
263,17
|
82,72
|
TOTAL
|
513,76
|
903,98
|
286,29
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario