miércoles, 16 de mayo de 2012

O PSdeG_PSOE de Valdoviño presentou as propostas e alegacións vinculadas as propostas dos decretos polos que se aproban o plan de recuperación da escribenta das canaveiras e o plan de conservación da píllara das dunas en Galicia promovidos pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.



Alberto González Fernández, con D.N.I. 32.646.716-X, con domicilio a efectos de notificación en Lg. De Castido nº 7, Lago, C.P. 15.551 Valdoviño (A Coruña), en calidade de voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE do Concello de Valdoviño, no trámite de participación pública da Resolución do 23 de marzo de 2012 (DOG nº 70 de 12 de abril de 2012), da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda iniciar a tramitación e someter á participación pública as propostas dos decretos polos que se aproban o plan de recuperación da escribenta das canaveiras e o plan de conservación da píllara das dunas en Galicia, comparece y manifiesta las siguientes consideracions e alegacions;

Coincidimos coa Xunta de Galicia na necesidade de adoptar as medidas necesarias para a preservación e conservación da píllara das dunas e da escribenta das canaveiras na nosa Cominidade autónoma, si ben estas medidas deben compatibilizar o desenvolvemento sostible das poboacións situadas nos ámbitos obxecto dos proxectos presentados.

O noso Concello, presenta unha riqueza na súa costa que é, na actualidade, o factor predominante no desenvolvemento económico do mesmo. O atractivo dos seus arenais, principalmente A Frouxeira, Pantín, O Baleo e Vilarrube, dada a súa calidade intrínseca coma praias, e polas cualidades do seu mar favorecen a afluencia de persoas e incluso deportistas de diferentes actividades acuáticas que sitúan a Valdoviño  coma referente mundial, coma é a práctica do Surf e en concreto o desenvolvemento do campionato do Pantín Classic.

De feito este més a Secretaría Xeral do Turismo da Xunta de Galicia promociona en paises do norde de Europa esta actividade na nosa costa.

En relación co plan de recuperación da escribenta das canaveiras é necesario resaltar que creemos positivo a posibilidade de cortas de vexetación palustre, a cal, a noso modesto entender, atópase invadindo grandes ámbitos da Lagoa da Frouxeira. Consideramos que os ámbitos dos núcleos rurais existentes, Outeiro e A Torre,  deberían quedar excluídos do ámbito do Plan. Asemade debería terse en conta a existencia dun proxecto de concentración parcelaria dos montes no mesmo ámbito parroquial.

Ao respecto do plan de conservación da píllara das dunas, que afecta as tres praias máis importantes da nosa costa, é necesario sinalar que a movilidade nos arenais pode verse restrinxida de forma importante, é incluso actividades de importancia internacional, coma o Pantín Classic poden ver afectado o seu desenvolvemento normal o que pode provocar un grave prexuízo  para o noso concello.

Porén considerando, que é necesario conservar tendo en conta o necesario desenvolvemento sostible do noso concello, así coma a xestión eficaz deste importante espazo costeiro que permita compatibilizar a sua posta en valor coa conservación dos valores patrimoniais, tanto naturais como culturais, que o caracterizan, o Grupo Municipal socialista do concello de Valdoviño presenta as siguientes


ALEGACIÓNS .

1. Con carácter xeral deberá evitarse incluir nas áreas de presenza das especies sinaladas os Núcleos Rurais e urbanos recollidos no planeamento municipal.

2. Deberá terse en conta nas áreas de presenza as actividades económicas e deportivas fundamentais para o desenvolvemento do noso concello, que deberían excluirse ou considerarse habituais nestes decretos, en concreto:

      Area de Concentración parcelaria de montes na parroquia de Lago.
    Zona de desenvolvemento do campionato a nivel mundial de Surf, Pantín Classic, na praia de Pantín.

3. Debería ampliarse a zona de uso de maquinaria nas labores de limpeza das prais dado o seu potencial turístico e afluencia de usuarios no período estival, si ben coa necesidade da aprobación dun protocolo ou plan previo.

4. O uso e disfrute das praias é un ben común que non podemos desbotar, porén a Dirección Xeral da Conservación da Natureza deberá indicar e balizar previamente a tempada estival a presenza dos niños no cordón dunar cara a non restrinxir o acceso aos arenais.

5. Debería replantearse a prohibición ou restrición de actividades na zona intermareal.

Por todo o anterior solicitamos se teñan en conta as consideracións e propostas aportadas e se atendan as alegacións presentadas.


En Valdoviño a 10 de maio de 2012

Asdo: Alberto González Fernández
Voceiro do Grupo municipal socialista


No hay comentarios: