martes, 24 de abril de 2012

Os deixamos a nota de prensa que enviamos a tódolos medios posterior ao pleno ordinario, neste caso o do mes de abril.

1 – O grupo municipal do PSdeG-PSOE ven solicitando de xeito reiterado información sobre o estado das obras executadas ao amparo dos Plans Especiais de Inversión do Goberno do Estado, e en especial sobre as de infraestruturas de saneamento e abastecemento que aínda non están en servizo, polo que presentou unha pregunta escrita para o pasado Pleno.

O Grupo de Goberno recoñece que non pode poñer en servizo diversas obras de infraestrutura executadas, certificadas e pagadas na lexislatura pasada no marco dos plans estatais de investimentos, principalmente nas parroquias de Lago e Meirás, por ter importantes deficiencias.

Ante esto o PSdeG critica a inactividade do goberno actual que non fixo nada para solucionar esta situación, e reclama a posta en funcionamento inmediata das mesmas e que se depuren as responsabilidades que sexan necesarias ante esta situación.

Entre estas irregularidades é necesario engadir a situación na que se atopa a pista polideportiva do CPI de Atios, que igualmente certificada e pagada co mesmo plan non pode ser utilizada.

2 – O Grupo muncipal socialista criticou noutra pregunta a actitude e nula política turística do Grupo de Goberno na pasada Semana Santa, dado que a oficina de información turística permaneceu pechada, que os servizos públicos das praias estivesen pechados, que non fora recollido o lixo dos paseos nos días festivos, que as obras de reposición da empresa concesionaria municipal do servizo da auga non foran materializadas nos accesos á Frouxeira, que non se amañase o paseo da Lagoa en Valdoviño, que non se amañasen ou cambiasen os separadores do paseo na praia de Pantín cada vez máis desfeitos dado o perigo que supoñen coma xa lles avanzou o noso grupo nun rogo en setembro, ou que sigan sen limpar as parcelas urbanas no ámbito da Porta do Sol coma xa pedimos na moción aprobada no Pleno de setembro de 2011, ofrecendo, con todo, unha pésima imaxe non só aos nosos visitantes senón tamén aos nosos veciños e veciñas.

3 – O PSdeG-PSOE reclamou ao Sr. Alcalde que presente xa as actas dos plenos e das xuntas de goberno local que ten pendente dende finais do ano 2011. O Sr. Alcalde presume dunha falsa transparencia cando a realidade é que non presenta a documentación á que está obrigado. Porén o Grupo Socialista advertiu ao Grupo de Goberno que de non subsanar estas graves irregularidades de forma inmediata darase traslado aos órganos competentes para que fagan cumprir a lei.

O PSdG- PSOE tamén solicitou ao grupo de goberno que convocase unha comisión informativa para tratar o plan de recuperación da píllara das dunas por parte da Consellería de Medio Ambiente, xa que dita Consellería establece unhas zonas de especial protección nas praias da Frouxeira, Pantín e Vilarrube que poderían causar graves prexuízos para os veciños e veciñas

martes, 10 de abril de 2012



A Agrupación Socialista de Valdoviño quere darvos as grazas pola boa acollida que tivo o noso I Concurso de Debuxo que organizamos nesta Agrupación con motivo do día internacional da muller traballadora. Agora tócalle o xurado dar o seu veredicto e dende a Agrupación queremos desexar a todos os veciños e veciñas deste Concello moita sorte .
O 14 de abril ás 20:00H terá lugar a entrega dos premios aos gañadores.

 O grupo municipal do PSdeG. PSOE do Concello de Valdoviño quere informar a todos os veciños e veciñas que se atopa para información pública no Concello ata finais deste mes o proxecto sectorial do Parque Eólico dos Penidos, que afecta as parroquias de Pantín e Loira. A documentación incorpora a os ambitos afectados polo mesmo.